Información - III DUBRA TRAIL

O clube Dubra Team organizará, coa colaboración do Concello de Val do Dubra e da Deputación da Coruña, o domingo 15 de decembro de 2019 a terceira edición do Trail de Montaña Dubra Trail.

Nas probas de Trail Longo e Trail Curto poderá participar calquer persona de 18 anos ou superiores cumpridos o día da proba. Na ANDAINA popular poderán facelo a partir de 16 anos cumpridos o día da proba.

CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías de competición en ambos trails (Longo e Curto):

  • ABSOLUTOS/AS: de 18 anos cumpridos o día da proba e superiores.
  • MASTER MASC/FMNO: de 40 anos cumpridos o día da proba e superiores.

PUNTO DE SAÍDA E META E PERCORRIDO DAS PROBAS

As probas sairán a carón do Campo de Fútbol Juan Baleato, na Rúa Arcai na localidade de Bembibre. Ese punto será tamén punto de meta das mesmas. As probas discurrirán por camiños e sendas de monte na maior parte do percorrido.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán consultala no tf 654 285 692 ou no em@il de oganización dubrateam@outlook.es .

Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquidos e sólidos na ruta longa, 2 na ruta curta e na Andaina distribuidos do seguinte xeito:
- RUTA LONGA: KM 8, KM 16 e META.
- RUTA CURTA: KM 8 e META.
- ANDAINA: KM 8 e META.

Recoméndase levar mochila de hidratación ou hidratación propia na proba. A organización só habilitará os puntos de avituallamento indicados no presente reglamento non sendo esto motivo de reclamación.

Este evento se celebra gracias a:

DUBRA TEAM
DUBRA TEAM