Información  - III TRAIL E ANDAINA MONTES DE ROIS

Información - III TRAIL E ANDAINA MONTES DE ROIS

Concello de Rois - Concellería de Deportes

Organiza: III TRAIL E ANDAINA MONTES DE ROIS

DATA: Domingo 11 de xaneiro de 2026

  • TRAIL LONGO: 20,9 km - 816mD+
  • TRAIL CORTO: 13.2 km - 420 D+
  • ANDAINA: 13.2 km - 420 D+

 

 

TODAS AS PERSOAS INSCRITAS O TRAIL E ANDAINA RECIBIRAN UN AGASALLO ( 500 primeiras persoas inscritas )

 

HORARIOS:

  • RECOLLIDA DE DORSAIS: 08:00 H A 09:30H

 

  • SAIDA: 
  • TRAIL LONGO E CURTO: 10:00 H
  • ANDAINA: 10:05 H

 

  • TEMPOS DE CORTE:
  • Trail Longo
    • 11:30h km 7.6          1º avituallamento

    • 12:45h km13.5         2º avituallamento
  • Trail Curto
    • 11:30h km 7.6          1º avituallamento
  • Andaina 
    • non ai tempos de cortes
  • SAÍDA E META:
    Pavillón Polideportivo de Rois
    Servizo de duchas e vestiarios

 

A cantidade da inscrición non se devolverá, sempre e cando a proba se teña que suspender por causas axenas á organización (condicións climatolóxicas extremas e dende as distintas administracións cancelen a proba por estes motivos), ou no caso de alertas de Meteo Galicia ou AEMET

 

CATEGORÍAS E PREMIOS: 

Ceremonia de premiación (trail): a partir das 12.30h


Trail Longo e Trail Curto:

Clasificación xeral: 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes da clasificación xeral.
Sénior: masculino e feminina nados/as entre 2008-1987 (de 18 a 39 anos feitos o día da proba). 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade.
Veterano/a A: masculino e feminina nados/as entre 1986-1977 (de 40 a 49 anos feitos o día da proba). 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade.
Veterano/a B: masculino e feminina nados/as entre 1976 e anteriores (máis de 50 anos feitos o día da proba). 1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade.
Equipos: Os equipos serán mixtos e deben ter un mínimo de 4 membros entre homes e mulleres, puntuando os catro mellores clasificados de cada equipo entre os que haberá cando menos unha muller e un home. A puntuación será outorgada por rigorosa orde de chegada e gañará o equipo con menor puntuación acumulada. Haberá premios para os tres primeiros equipos clasificados.
1º clasificado local: deberá estar empadroado no Concello de Rois
1ª clasificada local: deberá estar empadroada no Concello de Rois


OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS


Andaina: proba non competitiva non haberá premios

 

SORTEOS
O día da proba sortearase entre as persoas participantes un par de zapatillas de montaña por modalidade (un para o Trail longo, un para o Trail curto e un para a Andaina).
Para optar ao sorteo as persoas participantes terán que tomar a saída na proba na que estean inscritas.
Sacaranse as papeletas asociadas ao número de dorsal. No caso de que as persoas non estean presentes no polideportivo, por estaren realizando a proba, gardaráselle igualmente o agasallo.