Información  - III TRAIL E ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE

Información - III TRAIL E ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE

O Concello de Ames organizará o domingo 20 de febrero de 2022 a III edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

A proba rexirase polo seguinte:

REGULAMENTO

Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META

O III Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:

HORA

PROBA

DISTANCIA

SAIDA

META

10:05 h

ANDAINA

15 km aprox.

Ponte Maceira

Real Aeroclub de Santiago (instalación en Ameixenda (concello de Ames)

10:00 h

TRAIL

16 km aprox.

Ponte Maceira

Real Aeroclub de Santiago (instalación en Ameixenda (concello de Ames)

 

Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda - Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte Maceira a partir das 08:30 horas.

Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION

ANDAINA

Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir acompañados en todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación será de 10 anos.

TRAIL

CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL

CATEGORIA

DATAS DE NACEMENTO

SENIOR MASC/FMNO

De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster

MASTER 1 MASC/ FMNO

De 35 a anos 40 anos cumpridos o día da proba

MASTER 2 MASC/ FMNO

De 41 a 49 anos  anos cumpridos o día da proba

MASTER 3 MASC/ FMNO

De 50 anos e superiores

ABSOLUTA MASC/FMNO

Calquera das categorías anteriores

Artigo 3.            PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA

Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes tanto no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.

Artigo 4.            DISTANCIAS E DESNIVEIS

  • DISTANCIAS:
    • Andaina: 15,00 km aprox.
    • Trail: 16,00 km aprox.
  • DESNIVEL POSITIVO:
    • Andaina: 340 m aprox.
    • Trail:                 405 m aprox.
  • DESNIVEL ACUMULADO:
    • Andaina:                 535 m aprox.
    • Trail: 635 m aprox.

 

Artigo 5.            INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS              

 

  • PÁXINA WEB: emesports.es
  • APERTURA DE INSCRICIONS: domingo 16 de xaneiro de 2022 ás 12.00 h
  • PECHE DE INSCRICIONS: mércores 16 de febrero de 2022 ás 23.59 h
  • PREZOS DA INSCRICION:

       

  • TRAIL:                 11 €   
  • ANDAINA:                   7 €

 

Artigo 6.            RECOLLIDA DE DORSAIS

Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse o día do trail a partir das 08.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera dunha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal

Artigo 7.            TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA

Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:

PROBA

HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES

LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e DIRECCIÓN

ANDAINA

A partir das 08.30 horas

Saída dos autobuses das instalación do Real Aeroclub en Ameixenda – Ames en dirección a Ponte Maceira

TRAIL

A partir das 08.30 horas

 

Artigo 8.            PREMIOS e AGASALLOS

Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:

  • Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.
  • Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
  • AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).

__________________________________________________________________________________

A entrega de premios realizarase a partir das 12:45 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.

PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES:  Daranse premios especiais aos 4 primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria). Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.

Artigo 9.            PROTOCOLO COVID-19                 

Aplicarase o protocolo Covid-19 vixente o día da proba, feito que será comunicado previamente por em@il a todos/as os/as participantes. A proba poderá ser suspendida ou alterada se as circunstancias sanitarias así o aconsellan.

Artigo 10.         SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB

Sempre que a normativa Covid – 19 o permita, porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub. Aquí tendes o Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais e saída dos autobuses. Tamén será o lugar de meta das probas (Ameixenda, San Mamede de Piñeiro,  Ames):

https://www.google.es/maps/dir/''/Carretera+Santiago+Carballo,+Km+11,+15871+Ames,+A+Coru%C3%B1a,+A+Coru%C3%B1a/data=!4m5!4m4!1m0!1m2!1m1!1s0xd2e54f19c047bd3:0xea34016193597806?sa=X&ved=0ahUKEwiPh_7vicXKAhWK5xoKHYTUCKoQiBMIFDAA

Artigo 11.         AVITUALLAMENTOS

Haberá 2 puntos de avituallamento tanto no Trail como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na meta). Recomendable levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación:

  • AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO                         KM 8 APROX.
  • AVITUALLAMENTO META:               LÍQUIDO E SÓLIDO                          META

Os participantes na ANDAINA terán que levar hidratación propia se o desexan. Terán os mesmos avituallamentos que no Trail (KM 8 e liña de meta).

 

Artigo 12.  CONSIDERACIÓN FINAL

Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’ despois da publicación dos mesmos.

 

Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas de Trail Running.

RESPONSABILIDADE

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de Trail running. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.