Información  - XIII ESTRANOITE 2026

Información - XIII ESTRANOITE 2026

O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan:

sábado día 20 de Xuño de 2026 a carreira popular XIII ESTRANOITE.


A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2026 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

   

PREMIOS E TROFEOS:

 Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias no momento de recoller o dorsal
 Os premios non son acumulativos.
 Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas categorías pitufo e prebenxamín, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
 Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados/as.
 Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba absoluta.
 As/os gañadores da carreira absoluta (8K) terán como agasallo unha caixa degustación con botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
 Trofeo o club/equipo aquel que obteña a menor puntuación cos seus 6 primeiros participantes que finalicen a proba absoluta (8K), independentemente do sexo e segundo a clasificación xeral. Os clubs/equipos non teñen porque ser oficiais e/ou federados, poden ser grupos de amigos/as que formalicen a inscrición baixo o nome dun equipo.
 Trofeo Máster, ao participante de maior idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
 So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
 As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías (masculina e feminina).
 Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
 Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co AEstradaDeporte, durante un prazo máximo de 7 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a el.

 

 

Patrocina

PATROCINAN
PATROCINAN

Colabora

SUPERVISION TECNICA
SUPERVISION TECNICA