A Travesía do Xalo é unha actividade deportiva organizada pola Asociación Castelo Deporte consistente nunha carreira e unha andaina polo Monte Xalo, a celebrar na mañá do sábado 25 de abril de 2026 no monte comunal de Castelo, no Monte Xalo, con saída e meta no lugar de Folgueira. Tendo a súa saída e a súa chegada no lugar de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo.
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
- Carreira de 21 km.
- Carreira de 10 km
- Andaina de 10 km.
- Carreiras infantiles 1 km ,250 m e 80 m
A Asociación Castelo Deporte, cuxos estatutos sinalan como fins da actividade da entidade a promoción e o coidado de entornos naturais, comprométese ao cumprimento da normativa vixente en materia medioambiental, así como a publicar as instrucións precisas en relación á conservación do espazo natural, e a esixir o seu cumprimento por parte de todas as persoas relacionadas coa actividade.
MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico travesiadoxalo@castelodeporte.gal proporcionarase información adicional aos participantes.