O Concello de O Pino celebra a décimo sexta edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 11 de maio de 2019 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
Esta proba pertence ao VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Admitiranse inscricións ata o xoves 9 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE FORCAREI con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
- DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA |
PROBA |
DISTANCIA |
19:00 h |
SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F) |
8000 m aprox. - 2 Voltas Grandes |
19:50 h |
SUB 16 e SUB 18 (M/F) |
2800 m aprox. - 1 Volta Mediana |
20:15 h |
SUB 14 (M/F) |
2000 m aprox. - 2 Voltas circuito Sub 14 |
20:35 h |
SUB 12 (M/F) |
1000 m aprox. - 1 Volta circuito Sub 12 |
20:45 h |
SUB 10 (M/F) |
1000 m aprox. - 1 Volta circuito Sub 10 |
20:55 h |
SUB 8 (M/F) |
505 m aprox. - 1 Volta pequena + 1 Mini |
21:05 h |
SUB 6 (M/F) |
340 m aprox. - 1 Volta pequena |