CLASIFICACIONES Y PREMIOS - XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2019

CLASIFICACIONES Y PREMIOS - XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2019

PREMIOS

  • Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na categoría Sub6, que non haberá clasificación nin premios.
  • Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER).
  • Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
  • Trofeos para os 3 primeiros classificados/as empadroados no Concello de O Pino da proba absoluta.
  • Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
  • Trofeo para o clube e entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
  • Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todos/as os/as participantes.
  • Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de sub 8 a sub 18 incluido) e para tódolos participantes das categorías sub 6 a sub 12.

Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.

 

PREMIOS EN METÁLICO

(Só para a proba ABSOLUTA)

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a:           300 €

2º Clasificado/a:           200 €                        

3º Clasificado/a:           100 €                         

4º Clasificado/a:             75 €

5º Clasificado/a:             50 € 

PREMIOS POR CLUBES

1º Clube federado masculino:  200 €         1º Clube federado femenino:  200 €

2º Clube federado masculino:  100 €         2º Clube federado femenino:  100 €  

3º Clube federado masculino:    75 €         3º Clube federado femenino:    75 €

 A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.