Información  - XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2019

Información - XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2019

O Concello de O Pino celebra a décimo sexta edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 11 de maio de 2019 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).

Esta proba pertence ao VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Admitiranse inscricións ata o xoves 9 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE FORCAREI con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

  1. DISTANCIAS E HORARIOS:

HORA

PROBA

DISTANCIA

19:00 h

SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F)

8000 m aprox. - 2 Voltas Grandes

19:50 h

SUB 16 e SUB 18 (M/F)

2800 m aprox. - 1 Volta Mediana

20:15 h

SUB 14 (M/F)

2000 m aprox. - 2 Voltas circuito Sub 14

20:35 h

SUB 12 (M/F)

1000 m aprox. - 1 Volta circuito Sub 12

20:45 h

SUB 10 (M/F)

1000 m aprox. - 1 Volta circuito Sub 10

20:55 h

SUB 8 (M/F)

505 m aprox. - 1 Volta pequena + 1  Mini

21:05 h

SUB 6 (M/F)

340 m aprox.  - 1 Volta pequena