O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo a vixésima segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, o domingo 22 de outubro. Esta proba pertence ao IX CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
As probas realizaranse o domingo, 22 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.
Esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, polo cal a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode consultar no seguinte ligazón: https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pd
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS DA PROBA ABSOLUTA:
1º/1ª CLASIFICADO/A 250,00 €
2º/2ª CLASIFICADO/A 200,00 €
3º/3ª CLASIFICADO/A 100,00 €
4º/4ª CLASIFICADO/A 50,00 €
PREMIOS EN METÁLICO A CLUBS FEDERADOS DA PROBA ABSOLUTA:
1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 250,00 €
2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 175,00 €
3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 75,00 €