Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019   CONCELLO DE TEO

Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019 CONCELLO DE TEO

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.

Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.

As probas escolares celebraranse en horario de mañá no parque dos Tilos, a carón da piscina municipal.

Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais, nais...). Salvo excepcións pactadas coa organización.

A proba absoluta celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico).

A andaina realizarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico) co mesmo percorrido ca a carreira absoluta. 

Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:

Horarios