O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada: «VI» CROSS DE OBSTÁCULOS TERRAS DO VÁKNER »,
DATA E HORARIOS
A data de celebración elixida para o evento é o vindeiro sábado 13 de xuño.
Os horarios das distintas carreiras son os seguintes:
Carreira de base: 16,30h
Carreira curta : 17,00h
Carreira longa : 17,45 h
Entrega de trofeos: 19,30h
Saída e Chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).
A retirada de dorsais e camiseta, realizarase nas instalacións deportivas Municipais, ata 30 minutos antes da saída de cada carreira. Ditas instalacións estarán abertas ao público dende as 15,30 h.
A cota de inscrición para a carreira será de 25,00 €
OPCIÓN 1 PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 2 voltas a un circuíto de 3,750 km aprox. por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
OPCIÓN 2 PERCORRIDO CURTO.
Circuíto cunha distancia total de 3,750km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
CARREIRA CATEGORIAS DE BASE 1,5 KM: Nesta categoria poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 2010 a 2016. Esta carreira non será competitiva nin terá clasificación, tódolos corredores terán de regalo unha medalla conmemorativa do evento. A inscrición para esta categoria é gratuita. Límite de prazas 100. Nesta cota de inscripción non ten dereito a camiseta conmemorativa.
No momento de realizar a inscrición, os corredores/as só poderán anotarse a unha das distancias.
CATEGORÍAS E TROFEOS
CARREIRA CURTA: Optan a esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán trofeo os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías.
SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba.
ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.
As clasificacións non son acumulables, a categoria principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoria absoluta recibirá o trofeo nesa categoria, non optando ao premio nas noutras categorias. (SUB 18)
CARREIRA LONGA: Optan a esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán medalla os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías:
SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba.
ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.
MASTER 1: Ter entre 40 e 50 anos cumpridos o día da proba.
MASTER 2: Ter máis de 50 anos cumpridos o día da proba.
As clasificacións non son acumulables, a categoria principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoria absoluta recibirá o trofeo nesa categoria, non optando ao premio nas noutras categorias. (SUB 18, MASTER 1, MASTER 2).