Informação  - VI CROSS DE OBSTÁCULOS TERRAS DO VÁKNER

Informação - VI CROSS DE OBSTÁCULOS TERRAS DO VÁKNER

O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada:  «VI» CROSS DE OBSTÁCULOS TERRAS DO VÁKNER »,

 

DATA  E HORARIOS

 A data de celebración elixida para o evento é o vindeiro sábado 13 de xuño.

Os horarios das distintas carreiras son os seguintes:

Carreira de base: 16,30h

Carreira curta : 17,00h

Carreira longa : 17,45 h

Entrega de trofeos: 19,30h

Saída e Chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).

A retirada de dorsais e camiseta, realizarase nas instalacións deportivas Municipais, ata 30 minutos antes da saída de cada carreira. Ditas instalacións estarán abertas ao público dende as 15,30 h.

A cota de inscrición para a carreira será de 25,00 €

OPCIÓN 1  PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 2 voltas a un circuíto de 3,750 km aprox. por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.

OPCIÓN 2  PERCORRIDO CURTO. 

Circuíto cunha distancia total de 3,750km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.

CARREIRA CATEGORIAS DE BASE 1,5 KM: Nesta categoria poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 2010 a 2016. Esta carreira non será competitiva nin terá clasificación, tódolos corredores terán de regalo unha medalla conmemorativa do evento. A inscrición para esta categoria é gratuita. Límite de prazas 100. Nesta cota de inscripción non ten dereito a camiseta conmemorativa.
 

No momento de realizar a inscrición, os corredores/as  só poderán anotarse a unha das distancias.

CATEGORÍAS E TROFEOS

CARREIRA CURTA: Optan a esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán trofeo os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías.

SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba.

ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.

As clasificacións non son acumulables, a categoria principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoria absoluta recibirá o trofeo nesa categoria, non optando ao premio nas noutras categorias. (SUB 18)

CARREIRA LONGA: Optan a  esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán medalla os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías:

SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba.

ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.

MASTER 1: Ter entre 40 e 50 anos cumpridos o día da proba.

MASTER 2: Ter máis de 50 anos cumpridos o día da proba.

As clasificacións non son acumulables, a categoria principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoria absoluta recibirá o trofeo nesa categoria, non optando ao premio nas noutras categorias. (SUB 18, MASTER 1, MASTER 2).